Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Novo servizo de recollida de residuos voluminosos en Lobios.

A partir do 29 de xuño, ponse en marcha en Lobios , un novo servizo de recollida de residuos voluminosos para facilitar a correcta xestión daqueles obxectos de gran tamaño que xa non utilizas.

Mobles, colchóns, somieres e outros residuos voluminosos poderán ser retirados mediante solicitude previa.

Solicítao no teléfono 988 033 092

Servizo prestado pola empresa TRAGSA.

Coa colaboración de todas e todos conseguiremos manter os nosos pobos máis limpos e coidados.

Colabora! Contigo, Lobios máis limpo.

Servizo de recollida de residuos voluminosos en Lobios