O Concello de Lobios segue avanzando no mantemento das beiras das vías e dos espazos públicos, con novos traballos de roza e limpeza, desta quenda na zona de SAA.
Unhas actuacións clave para mellorar a seguridade viaria, a visibilidade e o acceso nos nosos camiños e estradas.
Continuamos a traballar para ter un concello máis coidado, seguro e preparado para veciñanza e visitantes.

