O Concello de Lobios presenta o seu programa cultural e de lecer para este Nadal, cargado de actividades para todas as idades: música, obradoiros, feiras, tradición, festa pre-fin de ano, concurso de decoración, visitas especiais e eventos para compartir en familia.
Este ano ademais, volveremos a Pazolandia Oficial, o maior parque de atraccións de Galicia. Non esquezas a inscrición!
Dende o acendido das luces ata a Cabalgata de Reis, convidámoste a gozar dun Nadal cheo de ilusión no noso municipio.
Consulta toda a programación e non perdas ningunha cita!


