O Concello de Lobios vén de acometer a mellora do firme na pista de acceso ao Paraño.
Unha actuación orientada a garantir unhas mellores condicións de uso para o día a día.
Esta intervención contribúe a:
- Mellorar o estado xeral do vial
- Facilitar a accesibilidade á zona
- Aumentar a seguridade na circulación
Seguimos a avanzar no noso compromiso de coidar e reforzar os accesos no rural, apostando por unhas infraestruturas máis seguras e eficientes para a veciñanza.

