Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Melloras nas infraestruturas de Lobios: Pista Padrendo-Devesa

Padrendo

O Concello de Lobios vén de levar a cabo a intervención de mellora do firme na pista de acceso de Padrendo á Devesa, co obxectivo de garantir unha circulación máis segura e cómoda para veciños e usuarios.

Estes traballos permiten:

Mellorar o estado do vial

Facilitar o acceso á zona

Incrementar a seguridade viaria

Seguimos traballando para manter e mellorar os accesos no noso rural, apostando por infraestruturas máis seguras e funcionais para todos.