O vindeiro 13 de agosto de 2026, o Pavillón de Deportes de Lobios converterase nun espazo de xogo, diversión e compañeirismo para os máis novos.
Dirixido a nenos e nenas nados entre 2012 e 2017
Comezo ás 09:00 h
Inscricións abertas para xogadores/as e equipos ata o mesmo día
Unha xornada pensada para fomentar o deporte, a convivencia e os valores do traballo en equipo
Máis información e inscricións no contacto indicado no cartel.
Dende o Concello de Lobios animamos a todas as familias a participar e desfrutar dun día cheo de deporte e ilusión.

