O Concello de Lobios recibiu a visita do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo Cid, quen, acompañado pola nosa alcaldesa María del Carmen Yáñez, coñeceu de primeira man o Hotel Balneario Lobios Caldaria, un dos establecementos participantes no programa Benestar en Balnearios.
Unha iniciativa da Xunta de Galicia que promove o benestar das persoas maiores, ao tempo que impulsa a economía local a través do aproveitamento da nosa riqueza termal.
Lembramos que o prazo para solicitar este programa está aberto ata o 26 de xuño, dirixido a persoas maiores de 60 anos ou pensionistas maiores de 55.

