A nosa vila termal acolleu os días 27 e 28 de maio o II Taller de Cooperación Turística Internacional 2026, organizado por ASICOTUR, reunindo profesionais de máis de 20 países.
A nosa vila termal acolleu os días 27 e 28 de maio o II Taller de Cooperación Turística Internacional 2026, organizado por ASICOTUR, reunindo profesionais de máis de 20 países.
A nosa alcaldesa, María del Carmen Yáñez, participou como anfitrioa, dando a benvida ás persoas asistentes cun detalle moi especial: mel e xabón de mel de produtores locais, poñendo en valor o noso produto de proximidade.
Na inauguración participaron destacadas personalidades do ámbito turístico:
Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia [@clusterturismogalicia, @cesareo_pardal]
Alejandro Rubín, presidente de ASICOTUR [@asicotur.oficial @alejandrorubinc]
Rosendo Fernández, presidente do INORDE [@inordeturismo @inorde @roslufe]
Xosé Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia [@turismodegalicia @xmerelles]
Dmitriy Ilin, representante de ONU Turismo para Europa
Eduardo Jorge Silva, embaixador de Cabo Verde en España
Durante o acto, púxose en valor a importancia de construír unha imaxe turística baseada en identidade, patrimonio, cultura e experiencias auténticas, piares nos que Galicia conta cunha gran fortaleza.
Lobios consolídase así como destino de referencia tamén no ámbito profesional e internacional.
Queremos aproveitar para expresar o noso agradecemento a todas as persoas participantes e á organización por contar con Lobios como punto de encontro.

