O Concello de Lobios celebrou onte a concesión da Bandeira “Sendero Azul 2026”, entregada pola ADEAC no Castillo de Cullera, en Valencia.
Este recoñecemento forma parte das distincións concedidas na provincia de Ourense.
Tamén foron premiados os itinerarios de Arnoia, Laias, O Carballiño e Ribadavia, que se suman ao xa existente da Serra do Invernadoiro, elevando a seis o número total de sendeiros azuis na provincia.
Para Lobios, esta bandeira supón un recoñecemento ao valor do noso patrimonio natural e termal, así como ao traballo continuo na conservación e coidado das nosas rutas e paisaxes.
Os Senderos Azules distinguen itinerarios que destacan pola súa recuperación ambiental, o uso sostible do territorio e a súa capacidade para conectar natureza, patrimonio e benestar.
O noso roteiro únese así a unha rede de camiños que promoven natureza, saúde e turismo sostible, reforzando o posicionamento de Ourense como referente nos sendeiros de interior.
Desde o Concello de Lobios seguiremos apostando por protexer, mellorar e dar a coñecer o noso entorno natural, para que veciñanza e visitantes poidan desfrutar dun territorio único.

