Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Lobios presente nunha acción solidaria en apoio aos servizos de emerxencia

O Concello de Lobios, representado polo coordinador de emerxencias Jordi Rodríguez Riveira, participou no acto de entrega de material contra incendios doado polo RC Celta á Deputación de Ourense, destinado a reforzar o labor dos GES e dos bombeiros da provincia.

Esta achega, realizada tras os lumes do verán de 2025, supón un importante recoñecemento e apoio para mellorar os medios cos que se protexe o noso territorio e á nosa veciñanza.

Dende o Concello de Lobios queremos poñer en valor este exemplo de solidariedade, colaboración e compromiso co rural, fundamentais para facer fronte aos momentos máis difíciles.

 

Emerxencias
Emerxencias
Emerxencias
Emerxencias
Emerxencias