A alcaldesa María del Carmen Yáñez participou no Panel de Experiencias II, centrado nas políticas públicas de termalismo e na colaboración en rede entre os municipios termais de España.
Destacouse a importancia de reforzar o traballo conxunto arredor dos cinco eixes estratéxicos da Rede de Villas Termales, impulsando o termalismo como motor de benestar, turismo sostible e desenvolvemento local.
Para Lobios, formar parte das 74 Villas Termales de España é un orgullo e unha responsabilidade compartida: seguir poñendo en valor o noso patrimonio natural e termal como exemplo de sustentabilidade e calidade de vida.

