Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Lobios presente no traballo conxunto da Provincia

Lobios traballo provincia

O Concello de Lobios participou na reunión convocada pola Deputación de Ourense con representantes dos concellos. Un encontro de traballo centrado na cooperación institucional e na posta en común de necesidades e retos dos municipios.

Un espazo clave para avanzar en liñas de colaboración que permitan mellorar os servizos públicos, no que atinxe ás comunidades enerxéticas, á mobilidade eléctrica e a impulsar o desenvolvemento do noso territorio.

Dende o Concello de Lobios seguimos apostando polo diálogo e o traballo conxunto co resto de administracións, defendendo sempre os intereses da nosa veciñanza.

Sumando esforzos para construír un futuro mellor para Lobios e para toda a provincia.