Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Lobios presente no impulso do turismo sostible

Turismo sostible

A nosa alcaldesa, María del Carmen Yáñez, estivo presente na xornada de presentación do proxecto europeo para a dinamización do Camiño San Rosendo – Rainha Santa , celebrada no Centro de Interpretación Aquis Querquenis (Concello de Bande ).

Un encontro clave no que institucións e concellos traballan conxuntamente para promover un modelo de turismo sostible, inclusivo e ligado ao territorio, poñendo en valor o noso patrimonio natural e cultural.

Este proxecto, impulsado pola Deputación de Ourense a través do @Inorde , conta cun investimento de máis de 650.000 € ata 2028 e busca:

Fuxir do turismo de masas

Protexer a contorna natural

Impulsar a economía local e o emprego

O Camiño San Rosendo – Rainha Santa é un itinerario único que percorre a histórica Vía Nova e atravesa a riqueza da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés.

Lobios forma parte activa desta iniciativa xunto con outros concellos da comarca, reforzando o seu compromiso co desenvolvemento sostible e a posta en valor do territorio.