Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Lobios presente no futuro dos GES

A alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, participou na reunión convocada pola FEGAMP cos concellos que contan con Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES), co obxectivo de analizar a situación actual do servizo e avanzar na renovación do convenio prevista para 2027.

Un encontro de traballo no que se puxeron sobre a mesa cuestións clave como o financiamento, o persoal e a coordinación, fundamentais para garantir un servizo esencial para a seguridade da veciñanza.

Dende o Concello de Lobios seguimos implicados na defensa e mellora dos GES, un recurso imprescindible no noso territorio.
Traballando hoxe para garantir un servizo máis eficaz e adaptado ás necesidades do futuro.