Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Lobios epicentro da afición ás motos

Lobios epicentro motos

Do 26 ao 28 de xuño, o noso concello acollerá a XIII Xuntanza Ourense-Lobios organizada pola Vulcan Riders Association Galicia, reunindo afeccionados ás dúas rodas nunha fin de semana de convivencia, rutas, gastronomía e descubrimento do noso patrimonio natural e cultural.

Os participantes poderán gozar das paisaxes únicas da Serra do Xurés, da hospitalidade de Lobios e das instalacións do Balneario Lobios Caldaria, nun encontro que cada ano reúne a moteiros e moteiras de distintos puntos de Galicia.

Lobios será o punto de encontro para compartir paixón polas motos, amizade e experiencias inesquecibles.

Dende o Concello de Lobios damos a benvida a todas as persoas participantes e desexámoslles unha excelente estancia no noso municipio.