Realizados traballos de roza e limpeza de vías e camiños, neste caso na contorna da capitalidade de Lobios.
As abundantes chuvias e as altas temperaturas do inicio do verán propiciaron que a herba e a maleza medrara abundantemente.
Dende o Concello seguimos poñendo medios humanos e materiais necesarios para dar resposta a cada unha das nosas aldeas e que todas poidan contar coa mellor accesibilidade e mantemento posible.
E seguimos…..

