O Concello de Lobios informa da recepción do informe técnico de ensaios realizado polo Grupo IGOID, que acredita o cumprimento y a conformidade cos estándares da FIFA sobre o campo de fútbol do Paraño.
IGOID é un grupo líder en investigación e desenvolvemento en Ciencias do Deporte, especializado en superficies deportivas, instalacións e promoción deportiva, impulsando innovación, transferencia e formación desde a Universidade de Castela-A Mancha (UCLM).
Os resultados obtidos e concretados no debandito informe, avalían diferentes parámetros de calidade e seguridade da instalación, co obxectivo de garantir unhas condicións óptimas para a práctica deportiva e o uso por parte dos equipos e da veciñanza.
Dende o Concello celebramos este recoñecemento e seguimos traballando na mellora continua das nosas infraestruturas deportivas, apostando por espazos seguros, modernos e de calidade para todos e todas.

