O próximo 21 de xuño de 2026, Lobios convértese no punto de encontro para os amantes da natureza, o sendeirismo e as boas experiencias.
Descubre o Xurés dun xeito único cun novo percorrido e dúas opcións para todos os niveis:
* Andaina longa: 20 km (aprox.)
* Andaina curta: 14 km (aprox.)
* Saída: 9:00 h
* Inscrición: 12 €
Inclúe avituallamento, aperitivos, sorteos… e unha camiseta para cada participante
Goza de paisaxes espectaculares, aire puro e a mellor compañía nunha xornada inesquecible!
Inscricións abertas ata o mércores 17 de xuño en sportmaniacs.com




