Se formas parte dunha asociación ou colectivo veciñal de Lobios, este é o teu momento para encher de maxia e luz o teu pobo!
Que podedes decorar?
A praza ou o núcleo da vosa aldea.
Cando?
Ata o 20 de decembro de 2025.
Inscricións e envío de fotos/vídeos:
- A través do formulario en liña (QR da imaxe) entre o 21 de novembro e o 20 de decembro.
- ou premendo neste enlace.
Premios:
- 1º Clasificado: 300 €
- 2º Clasificado: 150 €
- Accésit participantes: 50 €
Anímaste a facer que o Nadal brille en cada recuncho de Lobios?
Participa e comparte o espírito destas festas coa túa veciñanza!

