Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Humanización e peatonalización da praza da igrexa de San Mamede de Grou

Subvención humanización San Mamede de Grou

O concello de Lobios ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos en zonas rurais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 en Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2026, mediante tramitación anticipada de gasto (DOG nº 07 do 13 de xaneiro de 2026), axuda convocada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, vai levar a cabo a seguinte actuación:

Humanización e peatonalización da praza da igrexa de San Mamede de Grou

A actuación indicada está financiada por fondos europeos FEADER, Xunta de Galicia e Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), segundo a seguinte desagregación:

Orzamento aceptado 173.325,82 €
Porcentaxe axuda 100%
Importe axuda 100.000,00 €

Distribución por fondos
FEADER 60% 60.000,00 €
MAPAMA 12% 12.000,00 €
XTA. GALICIA 28% 28.000,00 €

A cantidade restante é asumida polo Concello de Lobios mediante fondos propios.