Veciños de Lobios acudiron hoxe ao taller “Benestar no teu día a día” , organizado pola Cruz Roja. Unha actividade pensada para mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas maiores.
Durante a sesión abordáronse cuestións prácticas como:
- Como recoñecer un ictus
- Curación de feridas e queimaduras
- Como actuar ante emerxencias
Grazas aos/ás poñentes por axudarnos a aclarar dúbidas e aos/ás participantes, polo seu interese.





