Demanda de unha gardería para facilitar a conciliación familiar

O noso municipio, o máis poboado da Baixa Limia, vén expondo desde hai tempo a necesidade dunha escola infantil que de cobertura á poboación que, entre 0 e 3 anos, reside neste momento no Concello.

Esta e outras demandas  no ámbito do social, como a construción dunha residencia da terceda idade,  foron  transmitidas pola alcaldesa Mari Carmen Yáñez á Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, no encontro que tivo lugar o pasado marzo deste ano.

Beatriz Mato mostrouse favorable a colaborar co Concello  en poñer en marcha servizos que axuden a conciliar a vida familiar e laboral, así como evitar o desarraigamento dos maiores,  sen esquecer os postos de traballo que se xerarán.