Os alumnos do CEIP gozaron dun circuíto no que puxeron en práctica as normas de tráfico.

  •  
    .    Os alumnos do CEIP gozaron dun circuíto no que puxeron en práctica as normas de tráfico.
    .    Coñecemento e concienciación, obxectivos principais  desta acción formativa levada a cabo polos voluntarios do GES.

     

    O mércores día 13 de abril, os alumnos do CEIP de Lobios gozaron de xeito abondo nun circuíto, que os voluntarios do GES prepararon co obxectivo de facer un repaso das normas de educación viaria e reforzar o comportamento responsable como peóns e condutores.

    Neste caso, as bicicletas e os monopatíns,  vehículos elixidos maioritariamente, percorreron un trazado repleto de sinais, pasos de peóns, cruces... que os mozos condutores percorreron con gran entusiasmo.

    Para completar a xornada, os voluntarios mostraron aos  alumnos, o equipamento e ferramentas que utilizan para atender as emerxencias que poidan xurdir no noso Concello e arredores.

     

          

     

     

     


Galería