A Xunta investirá 400.000 € na protección forestal do Xurés
A Xunta investirá 400.000 € na protección forestal do Xurés
- O investimento, orzamentado pola Consellería do Medio Rural mellorará as infraestruturas para a prevención e loita contra os incendios forestais no Concello de Lobios e a súa contorna.
As obras consistirán na instalación de sumidoiros, mellora de cunetas e consolidación do camiño, e a adecuación dunha pista forestal que se atopa en malas condicións. Ademáis tamén se prevé a construción de pontes para salvar os saltos de auga.