8 de marzo "Día internacional da muller"

O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Celébrase o día 8 de marzo. É festa nacional nalgúns países.

A primeira celebración do Día Internacional da Muller Traballadora tivo lugar o 19 de marzo de 1911 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza, e a súa conmemoración veuse estendendo, desde entón, a numerosos países.

En 1975 a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o 8 de marzo como Día Internacional da Muller e en 1977 proclamou o 8 de marzo como Día Internacional polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional.

 

Fonte e máis información en Wikipedia