Presentado un proxecto para potenciar as rutas dos "foxos do lobo"
- Foi presentado á última convocatoria de fondos europeos Interreg V en colaboración coa freguesía portuguesa de Pitões dás Júnias (Cámara Municipal de Montalegre)
- Denominado "Rutas do lobo 4.0" incrementará as visitas turísticas aos montes arraianos que comparten o noso concello e a freguesía Pitões das Júnias
Os "foxos do lobo" son estruturas medievais construídas en pedra que outrora servían de trampa para cazar lobos e que segundo a exposición da nosa alcaldesa "serán postos en valor para atraer visitantes á zona protexida"
A iniciativa transfronteiriza recolle o acondicionamento e sinalización dunha ruta de 70 quilómetros que percorre sete "foxos do lobo", un en Lobios e os seis restantes nos montes de Pitões dás Júnias.
Caso de obter a aprobación do proxecto o Concello de Lobios promoverá a cabo a construción dun albergue que facilite as pernoitas na zona, co conseguinte interés turístico e económico que elo acadaría.