A mellora das nosas vías motivo da reunión da nosa alcaldesa coa Conselleira de Infraestruturas
A petición da nosa alcaldesa no referente ás melloras dos viarios do noso concello, será atendida. Este é o compromiso que a Conselleira de infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, trasladou a Mª Carmen Yáñez, na reunión mantida o pasado día 19 de febreiro.
Unha das accións será a realización de beirarrúas na OU312 ao seu paso polo noso municipio, o que redundará nunha maior seguridade e comodidade potenciando á súa vez, o noso desenvolvemento económico e social.