Actividades primeiro trimestre 2016 da Asociación Lirio do Xurés
-
SENTINDO O XURÉS - Ciclo ambiental, cultural e deportivo.
Dentro do programa "Sentindo o Xurés", a asociación Lirio de Xurés, vai desenvolver no primeiro trimestre do 2016 un ciclo de actividades dirixidas a colectivos de tódalas idades, cuxo obxectivo principal será amosar, descubrir e sentir o entorno do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés.Os amantes da natureza, da historia, de deportes ao aire libre... teñen agora unha boísima ocasión para profundizar no entorno da Serra do Xurés con rutas BTT, andainas, charlas temáticas e monográficos, entre outros.
Máis información nesta ligazón.