O Concello de Lobios novo integrante da Asociación Camiño Miñoto Ribeiro
- No derradeiro Pleno do 2015 acordóuse a incorporación á Asociación Camiño Miñoto Ribeiro
- O Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro é un dos camiños máis antigos que ían cara Santiago de Compostela
O Camino Miñoto Ribeiro, promocionado dende fai anos por unha asociación sen ánimo de lucro, atravesa os concellos de Lobios, Entrimo, Melgaço (Portugal), Padrenda, Pontedeva, Cortegada, Arnoia, Ribadavia, Beade, Leiro, Boborás, Beariz, Forcarei, A Estrada e Vedra, ata Santiago de Compostela.
Pertencer a esta asociación permitirá axilizar as xestións de divulgación este camiño e lograr que a Xunta o declare xacobeo.