O mercado de traballo medrou na Baixa Limia un 3,5% no último ano

  • Segundo o  Observatorio Económico Ourensán  o mercado de traballo medrou na Baixa Limia un 3,5% no último ano, o mellor rexistro comarcal
  • Os datos foron presentados onte nun acto celebrado na Casa do Concello de Celanova, ao que acudiu a nosa alcaldesa Mari Carmen Yáñez, e que contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar; o profesor da Universidade de Vigo Andrés Mazaira, e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez

Durante o 2016, as empresas e os centros de traballo radicados en Lobios, crearon un 8,3% de emprego neto, o que se traduce nun diferencial positivo de 21 afiliacións.