Cabalgata de Reis en Lobios
Cabaltaga de Reis Magos en Lobios
O venres, 5 de xaneiro, recibiremos a visita dos Reis Magos en Lobios.
- As SSMM sairán a cabalo, ás 16:00 h cara a Residencia Virxe do Xurés.
- Despois, desfile pola Travesía de Lobios, se a climatoloxía o permite.
- Recepción dos Reis no Pavillón Municipal.
- ENTREGA DE PREMIOS do XXVI Concurso de Debuxos e Contos Nadal dos nenos/as do CEIP do Xurés e do I Concurso de Debuxos de Usuarios /as da Residencia Virxe do Xurés e da Casa do Maior de Lobios. No Pavillón Municipal.Organizado pola Biblioteca Municipal. Colabora: Educadora Social do Concello.
- FESTA DE REIS, con agasallos e chuches para cativos/as menores de 12 anos. Chocolatada para todos/as. Pavillón Municipal.
Moi felices Reis para todos !!