O Concello de Lobios recibiu a visita da Asociación Española Contra o Cancro, que levou a cabo unha xornada de formación dirixida ao voluntariado no noso municipio.
Un encontro moi valioso para seguir sumando esforzos na loita contra o cancro, fomentando a información, o apoio e a implicación social.
Ademais, tamén aproveitaron para compartir un bonito momento cos cativos e cativas da Ludoteca de Verán, achegando valores de solidariedade e coidado dende idades temperás.
Grazas pola vosa labor e compromiso!

