O vindeiro 18 de novembro temos unha cita cunha xornada chea de sabor, cultura e boa compañía.
Visitaremos a Feira de Valença do Minho, gozaremos da gastronomía portuguesa e descubriremos o espectacular Palacio de Brejoeira, cunha visita aos seus xardíns, palacio, adega e capela, que incluirá unha degustación de albariño.
Menú incluído:
- Caldo
- Bacallau á portuguesa
- Postre
Saída ás 8:30 h desde a Casa do Concello.
Ás 9:30 h, almorzo en Ponte da Barca (invitación de Axencia Viaxes Alzyra).
Prezo: 50 € por persoa.
O prezo inclúe comida en restaurante, entrada ao Palacio de Brejoeira, autocar de confort e seguro de viaxe.
A excursión está dirixida a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Lobios.
Inscricións e información: Traballadora Social, Mª Carmen, teléfono 616 705 392
Anímate a compartir con nós esta xornada de convivencia, descubrimento e diversión!
[Actividade incluida dentro do programa de Dinamización Comunitaria e Veciñal do Concello de Lobios]


