Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Entroido 2026 Lobios

Entroido 2026

A climatoloxía deunos un respiro e puidemos desfrutar do desfile polas rúas de #Lobios, enchendo o pobo de cor, música e tradición antes da chegada ao Polideportivo Municipal, onde continuou a festa nun ambiente cheo de alegría.

Desde o Concello de Lobios reiterar as grazas a todas as persoas participantes, ás veciñas e veciños que acompañaron e fixeron grande esta celebración, e ás agrupacións dos follateiros, os felos e madamas de Esgos, os cabreiros de Muíños e os danzantes de Vilameá, por manter viva esta senlleira tradición que forma parte da nosa identidade.

Atentos/ás ás nosas redes. Estamos a preparar máis material gráfico para compartir.