A meta en San Cibrao das Viñas viviu hoxe un ambiente espectacular, cun numeroso público que se achegou para animar e recibir ás ciclistas nesta gran cita do deporte internacional.
Na chegada estiveron presentes a nosa alcaldesa, María del Carmen Yáñez, xunto coa alcaldesa do Concello de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e Manuel Pardo, delegado provincial da Xunta de Galicia, apoiando e poñendo en valor o deporte, neste caso, feminino.
Unha xornada inesquecible que demostra, unha vez máis, a capacidade do noso territorio para acoller eventos de primeiro nivel e o entusiasmo da nosa veciñanza.
Compartimos imaxes da meta e do gran ambiente vivido.



