Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

EDUTROULA na biblioteca do CEIP Plurilingüe do Xurés

A Biblioteca do CEIP do Xurés quere convidarte a coñecer a súa participación no proxecto Edutroula.

Edutroula: É unha actividade organizada polo Seminario Intercentro “Innovación é Cooperación na escola rural” tivo como finalidade recoller cantigas e xogos populares na Baixa Limia e visibilizar e recoller o patrimonio inmaterial coa participación das familias e da comunidade social.

Contaron coa participación das Cantareiras de Grou e a Casa do maior Arco da Vella, a participación deste Concello de Lobios e co Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo e de todas as familias do centro, materializando as aportacións da comunidade no festexo do día das familias no noso Colexio o CEIP Plurilingüe do Xurés

Máis info e galería de imaxes aquí

 

Edutroula