Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Diversión en Lobios da man da LUDOTECA MÓBIL da Deputación de Ourense

Ludoteca móbil

Este venres 24 de xullo, a explanada ao lado das piscinas converterase nun auténtico parque de lecer para os máis pequenos e pequenas.

De 17:30h a 20:30h poderán gozar dunha tarde chea de actividades:

  •  Polvos Holi
  •  Xincanas inchables
  •  Festa da escuma
  •  Xogos desenchufables

Unha proposta dentro do Programa de Verán de Lobios para desfrutar en familia e en compañía, enchendo a nosa vila de cor, risas e moita enerxía positiva!

Achega aos teus cativos/as… a diversión está asegurada!

Con @deputacionou