Dende o Concello de Lobios queremos agradecer a Federación Alcer Galicia por facernos chegar o seu boletín mensual “Coidando os riles en Ourense: Información e apoio”.
Este material está a ser distribuído por todo o rural da provincia grazas á cofinanciación da Deputación de Ourense, co obxectivo de ofrecer información útil e apoio ás persoas con enfermidades renais.
A saúde tamén se coida dende o rural, e iniciativas coma esta son un exemplo do compromiso co benestar da veciñanza.

