Chegan a Lobios os Campamentos Dixitais, actividades presenciais de balde para que, nesta quenda, nenas e nenos de 9 a 13 anos aprendan a navegar con seguridade, crear contido, verificar información e descubrir as competencias dixitais dun xeito divertido.
Ademais, obterán o certificado Digcomp.
As sesións serán os días 22 e 23 de decembro, no Edificio Multiusos – Aula Dereita.
Máis información e inscrición nas oficinas municipais, tel. 988 44 80 00
Solicita xa a túa praza!!
[Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.]


