O concello de Lobios ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España, en réxime de concorrencia non competitiva mediante tramitación anticipada de gasto (DOG nº 24 do 05 de febreiro de 2026), axuda convocada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento rural, vai levar a cabo as seguintes actuacións:
-Acceso Requeixo-Suigrexa
-Acceso San Paio-Briñidelo
-Acceso Gustomeao
O importe da subvención financiase con cargo os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2026 e 2027, de acordo coa seguinte desagregación:
Importe asignado (Camiños Rurais 2026-27) 53.107,00 €
Orzamento aceptado 53.106,98 €
Importe da axuda 53.106,98 €
Anualidades:
Anualidade 2026 (40,74%) 21.635,78 €
Anualidade 2027 (59,26%) 31.471,20 €

