Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Axenda “Tempo para nós”, novembro

Axenda Tempo para Nós (Lobios)

No Concello de Lobios queremos compartir contigo as actividades de novembro do programa TEMPO PARA NÓS.
Todos os martes de novembro
De 18:15 a 19:45 h
Edificio Multiusos de Lobios

  • Martes 3/11 | Obradoiro creativo de outono.
    Daremos renda solta á imaxinación creando un alfileteiro con forma de cabaza.

  • Martes 10/11 | Obradoiro de memoria e dinámicas de grupo.
    Exercitaremos a mente con actividades para manter a memoria activa e compartir bos momentos.

  • Martes 17/11 | Obradoiro práctico de WhatsApp
    Aprenderemos a enviar fotos e documentos, cambiar a foto de perfil, compartir a localización de forma segura e descubrir outras utilidades.

  • Martes 24/11 | Tarde de xogos
    Unha tarde para gozar dos xogos de mesa tradicionais e modernos, rir e pasalo ben en compañía.




Porque aprender, compartir e desfrutar tamén é unha forma de coidarnos!

Agardámoste para vivir xuntos un novembro cheo de bos momentos. Vémonos no Multiusos!

Entradas relacionadas:
– https://lobios.org/tempo-para-nos/