Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

A tradición volve ser protagonista en Lobios coa RESPIGA

A Respiga 2025

O vindeiro 5 de outubro, a Asociación Cultural Follateiros/as de Lobios organiza a III Festa Etnográfica da Respiga na Praza Roxa de Lobios.

Unha xornada para gozar das nosas raíces, a gastronomía, a música, os oficios tradicionais e a cultura popular.

Un encontro aberto a todas e todos para celebrar a nosa identidade e compartir a forza da tradición.

  • 5 de outubro de 2025
  • a partir das 11:00 – Horarios das distintas actividades no cartel
  • na Praza Roxa, Lobios

Non faltes a esta festa que medra ano tras ano grazas á forza da nosa xente!

Colaboran Xunta de Galicia | Deputación de Ourense | Inorde | Concello de Lobios