Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

8 de Marzo. Día Internacional da Muller

8M

Hoxe, no Día Internacional da Muller, desde o Concello de Lobios sumámonos ao lema deste ano: “Dereitos, xustiza, acción, para todas as mulleres e nenas.”

Unha chamada a avanzar con determinación cara a unha sociedade máis xusta, na que todas as mulleres e nenas poidan exercer plenamente os seus dereitos, libres de desigualdades, discriminacións e violencias.

A igualdade real constrúese cada día: nas institucións, nos fogares, nos espazos de traballo e na vida comunitaria. Por iso, reafirmamos o noso compromiso de seguir impulsando accións que promovan a igualdade de oportunidades, o respecto e a participación plena das mulleres en todos os ámbitos.

Porque sen igualdade non hai futuro, traballemos xuntas e xuntos por unha sociedade máis xusta para todas.

[Imaxe: Pintura de Olga Bernardo, artista de Lobios @o.bernardo_art]