Logo_concello_lobios_1000x250 (transp)

Lobios, saída da 2ª etapa de La Vuelta Femenina by Carrefour

Hoxe vivimos unha xornada histórica no noso concello coa saída da 2ª etapa de La Vuelta Femenina by Carrefour.es desde Riocaldo, Lobios.

A nosa alcaldesa, María del Carmen Yáñez, o presidente da Deputación de Ourense Luis Menor Pérez, a alcaldesa do Concello de San Cibrao das Viñas Marta Nóvoa, o delegado provincial da Xunta de Galicia Manuel Pardo, entre outras personalidades, acompañados de Javier Guillén, director xeral da La Vuelta a España, foron os encargados de dar inicio a esta importante proba deportiva .

Un evento de primeiro nivel que sitúa a Lobios no mapa do ciclismo internacional e que reforza o noso compromiso co deporte e coa promoción do territorio.

Achegamos imaxes deste momento tan especial.