(18.04.2024) Presentación da "Strade Termal 2024"
- Onte, presentouse a VII Edición da Ourense Strade Termal que se celebrará o vindeiro domingo, 21 de abril, co apoio da Deputación de Ourense a través do Inorde e da Axencia de Turismo de Galicia, reunindo a preto de 400 deportistas de 19 provincias diferentes para gozar do "sterrato" nesta proba única na provincia de Ourense.
LLEGA700
- Llega700 é a entidade xestora que se encargará de solucionar as afectacións que sucedan na recepción de TDT (televisión) motivada polas emisións da tecnoloxía 4G e 5G.
Novo sendeiro accesible en Riocaldo
- A ruta da área termal de Riocaldo, vén de ser obxecto de mellora no tocante ao pavimento, á instalación de mesas e bancos, á adaptación de pasarelas e varandas e á eliminación de barreiras arquitectónicas para facilitar o seu uso ás persoas con diversidade funcional. Nunha nova fase, terase en conta tamén, o acondicionamento da zona de estacionamento de vehículos e a sinalización.
- Esta intervención, englóbase dentro dun proxecto de mellora da accesibilidade, que conta co financiamento da Xunta de Galicia, e atinxe a territorio do Parque, a caminos históricos como a Vía Nova ou Camiño de San Rosendo e a 12 roteiros, de diferente lonxitude e dificultade, do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.